Festa da
Lamprea

Arbo
Previous
Next
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

VISITA O MUSEO ARABO E GAÑA

17 17Europe/Madrid Setembro 17Europe/Madrid 2023 - 08:00 - 17:00

 

1.- Entidade organizadora

O Concello de Arbo, con domicilio social, a efectos de notificacións, citacións e emprazamentos en Praza Consistorio nº 1 – 36430 – Arbo e NIF P 3600100 F, organiza un sorteo para incentivar e premiar as visitas ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Museo Arabo” 

2.- Obxectivo ou Finalidade do concurso:

 

Este concurso ten como obxectivo  premiar aos visitantess ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, así como dar a coñecer este recurso turístico de Arbo que no ano 2023 cumpriu 20 anos dende a súa inauguración e a o mesmo tempo promocionar os viños das adegas de Arbo, a gastronomía e a  “LXIV Festa da Lamprea” que terá lugar o 26, 27 e 28 de abril de 2024.

 

3.- Participación e mecánica do sorteo:

Poderán participar no sorteo as persoas maiores de idade que visiten o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”

Os interesados en participar deberán encher a papeleta que  se lles entregara o final da visita e que os visitantes depositan na urna ubicada na entrada ao Museo.

O sorteo realizarase entre as papeletas depositadas na urna instalada polos visitantes que acudan ao mesmos  dende o 16 de setembro de 2023 ao 31 de marzo de 2024.

O sorteo realizarase publicamente o 2 de abril no Salón de Conferencia do Museo, coa presenz do alcalde ou concelleiro en quen delegue e dun funcionario.

 4.- Premios:

Establécense os seguintes premios:

 

  • Primeiro Premio: Un lote de produtos do Museo

 

  • Segundo Premio: 1 lote de viño, 1 botella de espumoso e 1 botella de augardente das adegas de Arbo

 

  • Terceiro Premio: 1 Vale degustación de lamprea Seca a consumir en Arbomostra o sábado e domingo da LXIV Festa da Lamprea” e unha botella de viño

 

  • Cuarto Premio: 1 Vale degustación de lamprea Estilo Arbo a consumir en Arbomostra o sábado e domingo da LXIV Festa da Lamprea”

 

  • Quinto Premio: 1 Vale degustación de lamprea en empanada a consumir en Arbomostra o sábado e domingo da LXIV Festa da Lamprea”

bases concurso galego

 

 

Compartir

Detalles

Data:
17 17Europe/Madrid Setembro 17Europe/Madrid 2023
Hora:
08:00 - 17:00
Categoría do Evento:
Linguas