FESTA DA LAMPREA
Arbo

FESTA DE INTERESE
TURÍSTICO INTERNACIONAL
Historia da festa
Son moitas as festas que se celebran por toda Galicia, pero a que podemos dicir que é máis antiga é a da Festa da Lamprea.
Arbo, podemos dicir que é a capital da Lamprea. Non existe constancia de ningún outro municipio en toda España que teña unha tradición tan antiga e arraigada arredor deste peixe prehistórico e misterioso.

A LAMPREA
Aseguran os historiadores, que e no tempo da Roma Imperial os césares, amos de vastos imperios, se facían levar lampreas vivas dende a zona de Arbo á soleada Italia para, posteriormente, conservalas en viveiros ata o momento de ser preparadas e servida á mesa, en materia de lamprea, non só dáse a calidade do produto, senón a forma artesanal de pescala, utilizando a rede e as denominadas “Pesqueiras”.
Programa
XXXI FESTA DA LAMPREA SECA
7 DE AGOSTO (VENRES)
20:00 h. Apertura dos stands de degustación de viño das adegas de Arbo con D.O. Rías Baixas e produtos gastronómicos da comarca, na Carballeira de Turbela.
De 20:00 h a 23:00 h. Feira de Artesanía e Antigüidades.
De 11:30 h a 18:00 h. Visitas guiadas ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”.
23:00 h. Concerto “EH SABINA” – “Plagiando al maestro. Un tributo a Joaquín Sabina”, na Carballeira de Turbela.
24:00 h. “III FESTIVAL LAMPREY’MUSIC” con DJ Charlie e DJ Ekix na Praza do Consistorio.
XXXI FESTA DA LAMPREA SECA
8 DE AGOSTO (SÁBADO)
9:00 h. “ANDAINA POPULAR DA XXXI LAMPREA SECA”, saída e chegada dende a Carballeira de Turbela. Inscrición no Concello de Arbo ou no correo electrónico vicentacerdeira@hotmail.es. Prazas limitadas. Sorteos entre as/os participantes.
11:00 h. APERTURA DE STANDS: Degustación de viño das adegas de Arbo con D.O. Rías Baixas, produtos gastronómicos da comarca e lamprea de Arbo, na Carballeira de Turbela.
De 11:00 h a 22:00 h. Feira de Artesanía e Antigüidades.
11:00 h. Pasarrúas da Charanga “IMPEIRIAIS”.
De 11:30 h a 18:00 h. Visitas guiadas ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”.
13:00 h. Actuación do grupo “SORCHA”, na Carballeira de Turbela.
19:30 h. ACTIVIDADES INFANTÍS. Inchable gratuíto, na Carballeira de Turbela.
22:30 h. Concerto do grupo “XISCO FEIJÓO”, na Carballeira de Turbela.
XXXI FESTA DA LAMPREA SECA
9 DE AGOSTO (DOMINGO)
10:00 h. “FESTA DA BICICLETA”. Saída dende a Praza do Concello e chegada á Carballeira de Turbela. Inscrición no Concello de Arbo ou no correo electrónico vicentacerdeira@hotmail.es. Prazas limitadas. Sorteos entre as/os participantes.
11:00 h. APERTURA DE STANDS: Degustación de viño das adegas de Arbo con D.O. Rías Baixas, produtos gastronómicos da comarca e lamprea de Arbo, na Carballeira de Turbela.
De 11:00 h a 19:00 h. Feira de Artesanía e Antigüidades.
De 11:30 h a 13:00 h. Visitas guiadas ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”.
12:00 h. Pasarrúas e actuación do grupo de gaitas da “A.C. Barca de Loimil”, na Carballeira de Turbela.
13:00 h. Actuación do grupo “PEPE PIÑA Y LOS ROBINSON”, na Carballeira de Turbela.
21:00 h. Actuación do grupo “MALVELA”, na Carballeira de Turbela.
Actualidade

ARBO CHEGA EN BARCELONA COA PRESENTACIÓN DA LXVI FESTA DA LAMPREA: “ONDE O TEMPO SE DETÉN E A HISTORIA SABORÉASE”
A vila de Arbo reafirmou hoxe en Barcelona o seu status de “Arbo, Vila dá Lam-prea, corazón dos viños Albariño e Condado”. Baixo o lema “Arbo: onde o tempo se

GAÑADORES CONCURSO DE CARTEIS LXVI FESTA DA LAMPREA
20260107_Outros_ACTA DO XURADO ASINADA (1)so PRIMEIRO PREMIO SEGUNDO PREMIO TERCEIRO PREMIO

PRESENTACIÓN LXVI FESTA DA LAMPREA EN FITUR 2026
El alcalde de Arbo, Horacio Gil, llevó esta tarde a FITUR 2026 lo mejor de la esencia gastronómica y cultural con la presentación, en el stand de Turismo de Galicia,
A Festa en redes
Problem displaying Facebook posts. Backup cache in use.
Click to show error
Arbo, é un municipio no que convivimos cunha curiosa especie de peixe que leva existindo máis de 500 millóns de anos, e que atopou no noso Miño uno dos mellores ambientes para desenvolverse. Por iso nos coñecen como “Arbo, a capital da lamprea”.
Arbo é un lugar de contrastes. A paz, a tranquilidade que envolve a Arbo, non son capaces de ocultar que, en realidade, trátase dun municipio dinámico cunhas vías de comunicación rápidas, modernas e perfectamente adaptadas non só ás necesidades dos veciños senón tamén á dos seus visitantes.
A 56 quilómetros temos a Cidade de Vigo e a 60 a de Ourense. O aeroporto de Vigo esta a unha distancia de 46 quilómetros. Estamos conectados co país veciño Portugal a través do Puente internacional que une MelgaÇo con Arbo.





































