Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea "Museo Arabo"

ARABO, museo enogastronómico, ten como principal obxetivo a promoción e a divulgación da Lamprea de Arbo e os seus viños, así como a dinamización dos nosos sectores productivos asociados ao turismo: as adegas, a hosteleria e o turismo rural.

Está estruturado en tres plantas.

Na planta inferior esta ubicada a recepción, o salón de actos e a viñoteca na que se poden degustar e comprar os viños das adegas de Arbo acollidas a D.O. Rias Baixas.

Na segunda planta encontramos dúas salas: unha adicada a historia de Arbo e outra adicada o viño.

Na terceira e ultima planta está adicada en exclusiva a Lamprea e pon a disposición dos visitantes paneis explicativos e vídeos nos que se describe a peculiar vida deste peixe ciclóstomo.

O Arabo, e socio da Ruta do viño Rias Baixas, integrada no selecto Cub de produto”Rutas del vino de España”. Está adherido a un sistema de calidade turística en destino dende o ano 2006 e foi recoñecido co primeiro distintivo de Calidade Tusística ese mesmo ano.

Este distintivo outorgase despois de pasar unha exhaustiva valoración debendo cumprir os requisitos fixados para os Museos en España, recibindo tal  distintivo ano tras ano.

 

O museo tamén realiza a labor de oficina de información turística proporcionando aos visitantes de xeito detallado os atractivos turísticos da Vila de Arbo. Vila da lamprea.

En Arabo poden explorar o noso pasado, tan vinculado á pesca desta especie milenaria. E, por suposto, poden facer un percorrido pola historia do noso viño e probar todas as variedades.

A Festa da Lamprea tamén ten cabida neste Museo, e  a través de imaxenes podese coñecer a historia da que é para Arbo a súa festa máis importantes

 

 

EXPOSICIÓN PERMANENTE FESTA DA LAMPREA