Festa da Lamprea Seca

Lamprea todo o ano…
No mes de agosto, o Concello de Arbo volve converterse na “Capital Mundial da Lamprea”

A primeira quincena de agosto, a vila de Arbo volve converterse na Capital Mundial da Lamprea, produto que cativou ao longo da historia padais tan selectos como os de Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro ou Castro Vello.

A Festa da Lamprea Seca celébrase a segunda fin de semana de agosto na xa tradicional ” Carballeira de Turbela”.

Durante todo o día pódense degustar nos postos habilitados este manxar nas súas diferentes variedades, asada, rebozada, rechea, con fideos… acompañada dos mellores viños da D.Ou. Rías Baixas, mentres se goza das diversas actividades que propiciarán un ambiente festivo apto para todos os públicos.

Entre as actividades que teñen lugar ao longo desta xornada, podemos destacar a Festa da bicicleta, a Feira de artesanía e antigüidades, a actuación dos nosos reputados grupos folclóricos, charangas… e como fin de festa, o Festival de Cantos de Taberna, que o ano pasado na súa primeira edición, obtivo unha gran acollida e recoñecemento. Por suposto, non pode faltar a visita obrigada ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, “Arabo”, situado fronte ao recinto, que permitirá, a locais e foráneos, coñecer mellor nosos principais signos de identificación.

A primeira Festa da Lamprea Seca tivo lugar no ano 1996, sendo concelleiro de cultura o actual alcalde, Horacio Gil, co obxectivo de dar continuidade á promoción desta delicia gastronómica, poñendo en valor estoutras formas de preparar a lamprea fóra de tempada, que permiten, desta maneira, degustala durante todo o ano.

Alvaro Cunqueiro, no seu artigo publicado en abril de 1975, con motivo da XV Festa da Lamprea, que cando el non podía asistir a Arbo a degustar a lamprea, dicía: ” E quédome sen Arbo, sen as súas cordiais xentes, sen os amigos que van facer a festa á lamprea e cos que quixese charlar e ao seu lado comer…. Porque estar en Arbo na festa da Lamprea, é estar nunha festa”

FESTA DA LAMPREA SECA DE INTERESE TURÍSTICO

A Xunta recoñece a importancia do evento que se celebra a segunda quincena de agosto
Arbo, ao 22 de abril de 2022.

O Consello de la Xunta celebrado en Vigo o 21 de abril de 2022, aprobou declarar de interese turístico a Festa da Lamprea Seca de Arbo, que se celebra na primeira quincena de agosto na carballeira de Turbela.

“Nun primeiro momento xurdiu como un acto máis dá programación dás festas patronais de Arbo, pero co paso do tempo a festa foi adquirindo entidade propia”.

A Festa da Lamprea Seca, outra das festividades máis arraigadas de Arbo e outra cita imprescindible para dar a coñecer este produto.
Con esta distinción recoñécese a singularidade, arraigamento e tradición da Lamprea

A FESTA DA LAMPREA SECA EN IMAXENES