Festa da
Lamprea

Arbo
Previous
Next
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

IV CERTAMEN FOTOGRAFICO “ARBO, NA TÚA MIRADA – LXIV FESTA DA LAMPREA”

20 20Europe/Madrid Setembro 20Europe/Madrid 2023 - 08:00 - 17:00

O  Concello de Arbo convoca o IV CERTAMEN FOTOGRAFICO “ARBO, NA TÚA MIRADA – LXIV FESTA DA LAMPREA” para dar a coñecer os recursos turísticos que este municipio pode ofrecer, así como a Festa da Lamprea, declarada de Interese Turístico Internacional no ano 2023,  e que se atopa prevista para  os días 26, 27 e 28 de abril de 2024.

O obxectivo do concurso non é outro que premiar as mellores instantáneas, as máis espectaculares e orixinais realizadas por calquera persoa en calquera punto deste  concello.

 Participantes:

Poderán participar neste certame fotográfico todas as persoas maiores de idade, de calquera nacionalidade  que o desexen, sexan profesionais ou afeccionados, sempre que os seus traballos axústense ás bases do mesmo.

Tema:

As fotografías deben estar realizadas nalgún punto do termo municipal de Arbo, con plena liberdade para editalas como prefiran os e as concursantes.

A temática é libre, sempre que estea vinculada directamente cos valores turísticos, patrimoniais, naturais, socioculturais,  ambientais….. de Arbo

bases concurso castellano

bases concurso gallego

Compartir

Detalles

Data:
20 20Europe/Madrid Setembro 20Europe/Madrid 2023
Hora:
08:00 - 17:00
Linguas