- Este evento pasou.
VISITA O MUSEO ARABO E GAÑA
17 17Europe/Madrid Setembro 17Europe/Madrid 2023 - 08:00 - 17:00
1.- Entidade organizadora
O Concello de Arbo, con domicilio social, a efectos de notificacións, citacións e emprazamentos en Praza Consistorio nº 1 – 36430 – Arbo e NIF P 3600100 F, organiza un sorteo para incentivar e premiar as visitas ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Museo Arabo”
2.- Obxectivo ou Finalidade do concurso:
Este concurso ten como obxectivo premiar aos visitantess ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, así como dar a coñecer este recurso turístico de Arbo que no ano 2023 cumpriu 20 anos dende a súa inauguración e a o mesmo tempo promocionar os viños das adegas de Arbo, a gastronomía e a “LXIV Festa da Lamprea” que terá lugar o 26, 27 e 28 de abril de 2024.
3.- Participación e mecánica do sorteo:
Poderán participar no sorteo as persoas maiores de idade que visiten o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”
Os interesados en participar deberán encher a papeleta que se lles entregara o final da visita e que os visitantes depositan na urna ubicada na entrada ao Museo.
O sorteo realizarase entre as papeletas depositadas na urna instalada polos visitantes que acudan ao mesmos dende o 16 de setembro de 2023 ao 31 de marzo de 2024.
O sorteo realizarase publicamente o 2 de abril no Salón de Conferencia do Museo, coa presenz do alcalde ou concelleiro en quen delegue e dun funcionario.
4.- Premios:
Establécense os seguintes premios:
- Primeiro Premio: Un lote de produtos do Museo
- Segundo Premio: 1 lote de viño, 1 botella de espumoso e 1 botella de augardente das adegas de Arbo
- Terceiro Premio: 1 Vale degustación de lamprea Seca a consumir en Arbomostra o sábado e domingo da LXIV Festa da Lamprea” e unha botella de viño
- Cuarto Premio: 1 Vale degustación de lamprea Estilo Arbo a consumir en Arbomostra o sábado e domingo da LXIV Festa da Lamprea”
- Quinto Premio: 1 Vale degustación de lamprea en empanada a consumir en Arbomostra o sábado e domingo da LXIV Festa da Lamprea”