
PARTICIPACIÓN FEIRA DE ARTESANIA E OUTROS
Xuño 22 - 08:00 - 17:00
autorización e instalación dos postos temporais de venda en espazos de uso público municipais destinados a venda de produtos autorizados na Festa da Lamprea Seca de Arbo, que terá lugar os días 8, 9 e 10 de agosto de 2025
-
Nome do Evento: “ Feira de Artesanía e Antigüidade da XXX FESTA DA LAMPREA SECA”
-
Organiza: CONCELLO DE ARBO
-
Data: 8, 9 e 10 de agosto
-
A “ Feira de Artesanía e Antigüidade da XXX FESTA DA LAMPREA SECA”, terá lugar na Carballeira de Turbela, coincidindo coa Festa da Lamprea Seca
-
O modelo de Inscrición será facilitado polo Concello e deberán especificar na mesma, como condición indispensable para adxudicar os espazos, o tipo de produto a expoñer e vender, o nome da asociación, cooperativa, ONG…, así como os metros cadrados necesarios para a colocación do posto, nome comercial e representante. Só se poderá presentar unha solicitude por establecemento e/ou persoa nos prazos previstos.