ARBO COMO REFERENCIA DA GASTRONOMÍA ESPAÑOLA

Alvaro Cunqueiro e a Festa da Lamprea

Alvaro Cunqueiro, poeta, narrador, dramaturgo, gastrónomo, articulista, director de Faro de Vigo durante anos, foi de esas personalidades  relevanetes que forman parte do Comité de Honor da Festa da Lamprea nos anos sesenta e setenta,  e coas súas publicacións engrandecen a Vila da Lamprea.

Alvaro Cunqueiro acode por primeira vez na segunda edición da Festa da Lamprea no ano 1962, nun ambiente cordial e  festivo fai fincapé na amizade dos galegos na mes.

Visita anual do  Basque Culinary Center

Os alumnos e alumnas do Basque Culinary Center,  desprazanse todos os anos a Arbo, para coñecer este manxar que caracteriza Arbo: A Lamprea

Os univertarios do Basque Culinary Center, nos visitan atraídas polo misterio e encanto de lamprea e contribúen  na difusión e o maior coñecemento de futuros e futuras cociñeiros e cociñeiras sobre este manxar que é a lamprea de Arbo e do mundo e a Festa que as rodea.

O Basque Culinary Center é unha Universidade pioneira a nivel mundial. Son membros do seu Padroado Mondragón Unibertsitatea, sete dos mellores chefs vascos, empresas líderes no sector de alimentación e bebidas e AZTI Tecnali e conta ademais, cun Consello Internacional coa implicación de once dos chefs máis influentes do mundo e ten como fin a formación superior, a investigación, innovación e promoción da gastronomía e a alimentación.

Visita da Academía de Gastronomía de Galicia

A expedición da Academia Galega de Gastronomía, encabezada polo seu vicepresidente, Francisco García Bobadilla, –expresidente da rede de paradores nacionais e exdirector xeneral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia– visitan Arbo   para coñecer a historia da lamprea, as pesqueiras e a Festa da Lamprea.

Os e as asistentes puideron degustar lamprea en varios estilos: á bordalesa, rechea, asada á brasa, con fideos e tirabeques ou en empanada. Unha cociña “de excelencia”, “variada”, “de coidada gastronomía tradicional” e que contribúe a “exaltar os produtos autóctonos”. Estes son, entre outros, algúns dos cualificativos que recibiu a oferta gastronómica de Arbo, centrada fundamentalmente nestes dous produtos milenarios: o viño e a lamprea.

A Lamprea e a Festa da Lamprea de Arbo, chega a China online a través de   ‘PEAR VIDEO’.

No ano 2018 unha xornalista chinesa desprazábase a Arbo para realizar unha reportaxe sobre a Lamprea, a pesca, a gastronomía e a Festa da Lamprea ,  para o medio de comunicación en liña ‘Pear vídeo.

O equipo de contido e operacións de vídeo de Pear está formado por membros experimentados de influentes medios chineses como ThePaper.cn e Xangai Media Group, entre eles correspondentes de guerra, cineastas documentais e geeks creativos da internet. O equipo técnico reúne a técnicos superiores das principais empresas da internet de China, incluíndo Baidu.

O programa gravado en Arbo  consiguio 500.000 visualizacións no  seu primeiro lanzamento, demostrando, unha vez máis, que este concello do sur de Pontevedra é unha referencia deste vertebrado, o máis antigo do Planeta,  e que xustifica que  Arbo coñézase como a ‘Capital Mundial da Lamprea

 

 

Visita do Cociñeiro Pepe Solla 

Pepe Solla,  cociñeiro español, membro fundador do grupo NOVE, xefe de cociña e propietario do restaurante Casa Solla,  cunha estrela Michelín e tres Soles Repsol e recentemente galardoado polo  O Club de Xornalistas Galegos en Madrid como Gallego do Ano 2017, viaxa ao Concello de Arbo acompañado do seu equipo para coñecer os misterios da Lamprea e para descubrir este milenario peixe na Capital Mundial da Lamprea.