
- This event has passed.
V CERTAME DE FOTOGRAFIA DA LXV FESTA DA LAMPREA
9 09Europe/Madrid Setembro 09Europe/Madrid 2024 - 08:00 - 17:00
O Concello de Arbo convoca o V certame de fotografía da “LXV Festa da
Lamprea”, para dar a coñecer os recursos turísticos que este municipio pode
ofrecer, así como a Festa da Lamprea, declarada de interese turístico nacional
no ano 2016, que este ano esta prevista para os días 25, 26 e 27 de abril de
2025.
O obxectivo do concurso non é outro que premiar as mellores instantáneas,
as máis espectaculares e orixinais realizadas por calquera persoa en calquera
punto deste concello.
Poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas que o desexen, sexa
cal sexa a súa nacionalidade ou lugar de residencia. Será condición
indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos, do que o autor se fai
responsable coa mera presentación do traballo, certificando con iso que os
traballos non teñen restricións de uso.