ARBENSE DISTINGUIDO DO CONCELLO DE ARBO
Arbense Distinguido ano 2013: Ao Emigración Arbense
Arbense Dintinguido ano 2014: Asociación Veciños de Angrois
Arbense Dintinguido ano 2015: Ao Corpo da Garda Civil
Arbense Dintisguido 2016: Corpo de Bombeiros Voluntarios de MelgaÇo
Arbense Dintisguido ano 2017: Fundación Segundo Gil Davila
Arbense Dintisguido ano 2018: Cociñeiros e Cociñeiras da Lamprea
Arbense Dintisguido ano 2018: Cociñeiros e Cociñeiras da Lamprea
Arbense Dintisguido ano 2018: Cociñeiros e Cociñeiras da Lamprea
Arbense Dintisguido ano 2018: Cociñeiros e Cociñeiras da Lamprea
Arbense Dintisguido ano 2019: Banda de Música de Arbo
Arbense Dintisguido ano 2020: Pobo de Arbo, pola súa solidariedade, colaboración e responsabilidade durante o Estado de Alarma pola Covid-19
Arbense Dintisguido ano 2021: Ignacio Gago
Arbense Dintisguido ano 2022: Arbo C.F
Arbense Dintisguido ano 2022: Jose Juan Dominguez
Arbensa Dintisguido ano 2023: Doña Anita
Arbense Dintisguido ano 2023: Don German
PREGOEIROS DA FESTA DA LAMPREA
CEFERINO DE BLAS
Pregoneiro ano 1993
XERARDO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
Pregoneiro ano 1994
ARTURO MANEIRO VILA
Pregoneiro ano 1995
FERNANDO ONEGA
Pregoneiro no ano 1996
SANCHO GRACIA
Pregoneiro ano 1997
JOSÉ LUIS GÓMEZ GÓMEZ
Pregoneiro ano 1998
YOLANDA VÁZQUEZ
Pregoneira ano 1999
LUIS ZAHERA
Pregoneiro ano 2000
TERIO CARRERA
Pregoneiro ano 2001
PACO LODEIRO E CARLOS JIMENEZ – “RISOTERAPIA” (DUO DE HUMORISTAS)
Pregoneiro ano 2002
CARLOS MARIBONA
Pregoneiro ano 2003
JAVIER ZARAGOZA
Pregoneiro ano 2004
JOSE ANTONIO VÁZQUEZ TAÍN
Pregoneiro ano 2005
VLADIMIR GUDELJ
Pregoneiro ano 2006
GARY BEDELL
Pregoneiro ano 2007
IGNACIO CAPEÁNS GARRIDO
Pregoneiro ano 2008
SENÉN BARRO AMENEIRO
Pregoneiro ano 2009
JESUS SOUTO PRIETO
Pregoneiro ano 2010
PACO REYERO
Pregoneiro ano 2011
ANTÓN PULIDO
Pregoneiro ano 2012
ALBERTO COMESAÑA
Pregoeiro ano 2013
RUI SOALLEIRO
Pregoeiro ano 2014
JOSEMI
Pregoneiro ano 2015
LORENZO DIAZ
Pregoneiro ano 2016
MANUEL XIRALDEZ
Pregoneiro ano 2017
MARTIN BARREIRO
Pregoneiro ano 2018
ROBERTO VILAR
Pregoneiro ano 2019
SERGIO PAZOS
Pregoneiro ano 2022
FERNANDO ROMAY
Pregoneiro ano 2023
AMANCIO PRADA
ALBERTO NUÑEZ FEIJOO
MANU CARRASCO
CARLOS ALSINA
MICHEL SALGADO
ANA PASTOR
CONCHA GARCIA CAMPOY
MARIA DO CEO
OS TONECHOS
ALFONSO RUEDA
LIBRO ANUAL FESTA DA LAMPREA
FESTA DA LAMPREA DE INTERESE TURISTICO DE GALICIA
DECLARACIÓN DA FESTA DA LAMPREA DE INTERES TURISTICO DE GALICIA
Con data 18 de xullo de 2005, a Dirección Xeral de Turismo da Conselleria de Cultura, Comunicación Social e Turismo, entendendo que a festa exalta un produto gastronómico moi singular e claramente identificado con Arbo, informa favorablemente a solicitude realizada polo Concello de Arbo para declar a Festa da Lamprea de Interés Turístico de Galicia.
FESTA DA LAMPREA DE INTERESE TURISTICO NACIONAL
DECLARACIÓN DA FESTA DA LAMPEA DE INTERESE TURISTICO NACIONAL
No pleno de data 30 de marzo de 2015 por unanimidade do presentes aprobouse a proposta de alcaldía de 19.03.15 sobre a solicitude da Declaración da Festa da Lamprea do Concello de Arbo como Festa de Interese Turístico Nacional.
A Secretaría de Estado de Turismo declaraba o 12 de abril de 2016 a Festa da Lamprea de Interese Turistico Nacional.
LIBRO-HOMENAXE Á FESTA DA LAMPREA (Arbo, 1961-2010)
Manuel Xesús Xiráldez González
A historia do percorrido da festa da lamprea entre 1961 e o 2010, cincuenta anos de vida a través de catro décadas do século XX e unha do século XXI, procura en primeiro lugar rememorar e recoñecer o traballo feito en cada etapa por alcaldes, tenentes de alcalde, concelleiros e funcionarios das diferentes corporacións municipais; polos presidentes, secretarios e vocais dos Comités Activos e integrantes dos Comités de Honor, polas posteriores comisións de festas; polas cociñeiras e polos agricultores que colleitan o viño e os pescadores que traen o peixe; por hostaleiros, asociacións veciñais, culturais e deportivas; e por todos os demais implicados, con especial mención aos pioneiros, pensadores da idea e creadores do “Día da Lamprea”, que desde a edición inicial albiscaron na gastronomía un feito de relevancia socioeconómica, política e cultural. A súa estima merecen igualmente os medios de comunicación, de maneira fundamental a prensa escrita, que desde o primeiro día comentaron os feitos máis relevantes. Enviados especiais e xornalistas (Cesáreo Sáenz Uriondo, González-Martín, Martínez Salgado, Rodrigo Varela, Luz María Durán, José Rey, Amalia Gallego, Gabino Porto, Guillerme Rodríguez,…), fotógrafos (Tomás, Antonio Gabriel, Magar, Cameselle, Llanos, Carlos Rodríguez, Freire, A. Fernández,…) e prestixiosas firmas ( Álvaro Cunqueiro, J. María Castroviejo, Eliseo Alonso, Alfonso Vázquez,…) plasmaron nas páxinas de Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia, A Peneira e outros medios, a crónica da festa e contribuíron a consolidar e estender a súa importancia e popularidade.
O Libro-homenaxe á Festa da lamprea.1961-2010 pretende ser, tal como a “Comida-homenaxe do Primeiro Día da Lamprea”, un banquete motivador e xeneroso que amose o orgullo dun pobo cara aos sinais de identidade que o localizan no mundo: a lamprea e os viños, festexados en perfecta harmonía. Pero tamén ansía contribuír a engrandecer a historia cultural existente acerca da vida e costumes do rechamante petromyzon. Coa mesma ilusión e expectativa coas que se presentaron e degustaron os diferentes pratos do “Menú 61”, este percorrido a nado río arriba por cincuenta lampreadas agarda ofrecer un conxunto de sabores e arrecendos atractivos, tanto aos veciños arbenses coma aos cada vez máis numerosos visitantes e siareiros, de procedencia xeográfica moi diversa. Na actualidade, e sobre todo no favorable progreso socioeconómico das últimas décadas, na era da información que converteu o mundo nunha aldea global, milleiros de persoas renden tributo e dan vida á Festa da lamprea coa súa presenza nos restaurantes da vila e na Gran Tasca Popular situada no Arbomostra, lugar de conciliación do xantar tradicional e os renovados e prestixiosos albariños e condados das Adegas con Denominación de Orixe. A Arbomostra debería ser a zona cero onde se mesturen os vellos e os novos tempos, o punto de encontro idóneo para pensar no futuro e reivindicar a defensa do río Miño, do Deva e o Cea, e poñer en valor as moi diversas potencialidades agrícolas das fértiles terras de Santa María de Arbo, San Sebastián de Cabeiras, San Xoán de Barcela, Santa Mariña de Sela, San Cristovo de Mourentán e San Miguel de Cequeliños, antigas freguesías de atraente patrimonio natural e histórico localizadas no estratéxico marco transfronteirizo de Galicia e Portugal.
GALA DA LAMPREA
A Gala da Lamprea é un evento anual organizada con motivo da Festa da Lamprea e que leva a cabo o Concello para facer entrega dos premios aos gañadores do “Concurso de Redacción e Debuxo da Lamprea dos alumnos do C.E.I.P Antonio Carpinteiro”, aos gañadores do “Concurso de Carteis Festa da Lamprea ”, “Certame Brais Alonso e Concurso Fotográfico “Arbo Vila dá Lamprea”, así como para agradecer e premiar o labor que levan a cabo asociacións veciñais arbenses nos ámbitos culturais e deportivos e un recoñecemento a deportistas de Arbo en distinta disciplinas e entrega de galardón de Arbense Distinguido.
ILMA. IRMANDADE DE CABALEIROS DA STA. LAMPREA
A Ilma. Irmandade de Cabaleiros da Sta. Lamprea, naceu hai corenta anos, froito da veneración dun grupo de fieis por este singular peixe, que eleva a degustación deste manxar a un estadio cuasi místic. Esta celebración leva a esta xenuína irmandade a peregrinar Arbo todos os anos para declarar a súa devoción á lamprea.
A xornada comeza na parroquia de Cabeiras, seguida da xa tradicional baixada ao río, onde todos os anos depositan unha mensaxe nunha botella no que se recollen os desexos para o vindeiro ano que arroxan ao curso do Miño. Despois celebrarían unha misa en memoria dos irmás xa finados.
Antes de comezar coa degustación da lamprea nas súas diversas preparacións (estilo Arbo, asada e rechea) os novos lampreiriños, aquelas persoas que desexan incorporarse á Irmandade, tiveron que demostrar a súa devoción á lamprea e a súa fidelidade aos principios da Irmandade.
HERMANAMENTO ENTRE O CONCELLO DE ARBO E O MUNICIPIO DE CARNIKAVA NA REPUBLICA DE LETONIA.
No ano 1999, o Concello de Arbo e o Municipio de Carnikava na republica de Letonia, manifestaban o seu interese nun Hermanamento entre ambos pobos tendo como punto de unión a Lamprea.
Tomando en consideración este aspecto gastronómico pouco común, emprenderonse relacións con intercambio de experiencias e enriquecemento mutuo en ámbitos
moi diferentes, pero tendo como referencia “unha curiosa especie de peixe” que leva existindo máis de 500 millóns de anos, e que atopou no noso Miño un dos mellores ambientes para desenvolverse “A Lamprea”
MARCA REXIONAL “FESTA DA LAMPREA”
En resolución de data 18 de xullo de 2005, a oficina Española de Patentes e Marcas do ministerio de industria Turismo e Comercio, concede co numero 263831/9 a Festa da Lamprea como Marca Nacional por un período de 10 ano, publicada dita concesión no Boletín Oficial da Propiedade Intelectual de 1 de setembro de 2005.
Con data 11 de febreiro de 2015 se procede a renovación da marca por un período de 10 anos.