"ARBOMOSTRA" FEIRA AGROINDUSTRIAL E ARTESANAL DA BISBARRA DO CONDADO - PARADANTA
En paralelo coa Festa da Lamprea, desde hai vinteseis anos o Concello de Arbo, organiza a “Feira Agroindostrial e Artesanal da Bisbarra do Condado-Paradanta “ARBOMOSTRA””, que permanece aberta desde o venres ata o domingo.
“ARBOMOSTRA”, naceu no ano 1992, baixo unha carpa de 400 metros cuadrados ubicada o carón da biblioteca Municipal, donde posteriormente se construíu o Centro Multiusos, co obxetivo de promocionar e ensalzar os produtos gastronómicos e vitivinícolas deste Municipio.
Coa construcción do novo edificio socio-cultural, Arbomostra desprazase as zonas deportivas do Colexio Público Antonio Carpintero ampliándose a carpa a 3000 m2
Arbomostra, que no ano 2022 alcanzou a súa 26º edición, trasladouse a Praza do Mercado, con un novo estilo máis moderno, acolledor e adaptado. Contou con casetas de artesanía, produtos da comarca, degustación da lamprea e dos viños das adegas con Denominación de Orixe Rías Baixas, ao mesmo tempo que maiores e pequenos gozaban dunha ampla e variada programación cultural.
En Arbomostra tamén recuperamos os oficios tradicionais galegos , e no recinto podemos ver ao zoqueiro, redeiro, cesteiro, costureiro ou telleiro creando coas súas mans pezas únicas e orixinais.
Esta Feira agroindustrial e artesanal, atópase plenamente consolidada, despois de que, desde os inicios, empezásese a perfilar como unha das citas feirais máis importantes da Comunidade Autónoma.
A afluencia de visitantes a Arbomostra durante os tres días de festa pode superar ás 25.000 persoas.
Arbomotra: Xornadas Técnicas
Na antesala de Arbomostra e na súa programación de actividades coa categoría de Xornadas , desde o ano 1994, o Concello organiza as Xornadas Técnicas.
As Xornadas Técnicas estan dirixidas aos profesionais do mundo do viño e persoas que senten vinculados co mesmo, interésanse, e viven o sector do viño, o territorio, as viñas, a gastronomía, o enoturismo, o comercio.
Trátanse dunhas xornadas importantes para o Municipio dado que o viño o un dos sectores economicos máis importantes e convértense nun punto da reflexión para o sector, do traballo, coa contribución de todos os relatorios que axudan a afrontar o futuro do viño, onde se debe de ter en conta a opinión e experiencia de expertos de distintas áreas, viticultores, de adegueiros , de cooperativistas , de técnicos , de enólogoes/enólogos, profesores e investigadores que atopan neste espazo un punto de debate, para abordar as debilidades do sector.
Durante os 28 anos do nacemento destas xornadas levan tratados temas tan importantes como a viña e a súa evolución, o cooperativismo, os viños no panorama internacional, o augardente, o control de pragas nos viñedos, a importancia da elaboración do viño, patoloxías do viño, a evolución do sector vitivinícola, a regulación sanitaria no sector viverista, a concentración parcelaria, o turismo en rexións transfronteirizas, caracterización da viticultura en Arbo, entre outros e como punto final da xornada tiña lugar unha cata dirixida para coñecer as características dos viños.