HISTORIA, SINGULARIDADE, ARRAIGO, CONTINUIDADE E VALOR CULTURAL

Son moitas as festas que se celebran por toda Galicia, pero a Festa da Lamprea  e a Festa culinaria máis antiga.

Arbo, podemos dicir que é a Capital da Lamprea. Non existe constancia de ningún outro municipio que teña unha tradición tan antiga e arraigada arredor deste “peixe” prehistórico e misterioso.

A primeira Festa da Lamprea  ten lugar o día 16 de abril de 1961, organizada por un grupo de veciños, funcionarios e restauradores do Concello entre os que destacan Caldas, Ignacio Vieitez, Malvar, Julio Gutiérrez, Mancho, sendo alcalde entón don Luís Cubelas Queimadelos.

A organización da I Festa da Lamprea  estivo a cargo da Comisión “Pro Homenaxe á Lamprea”, que tributaba a través desta xornada festiva o recoñecemento a unha riqueza antiga e inmemorial que o Río Miño proporcionaba. Desde esta primeira edición no ano 1961, os arbenses, atoparon un lugar no mundo e nos medios  de comunicación, adquirindo para a posterioridade este produto do Miño tan excelente.

A Constitución deste grupo de xestión por persoas da vila de distintas procedencia profesional (empresarios, comerciantes, hostaleiros, funcionarios…) ainda que presididos polo alcalde, amosaba unha aprencia que vai máis alá do estritamente municipal e unha certa autonomia. Por un lado supuña unha maior implicación dos veciños e por outro podía servir de garantía diante dos precarios orzamentos dos concellos de esa epoca.

Ao mesmo tempo creouse o Comité de Honor que durante  a primeira decada dos sesenta estaba constituido polos alcaldes dos concellos de Cañiza, Crecente, O Covelo, As Neves e Salvaterra, autoridades como representantes da Marina de Tui e personalidades da cultura galega que se van incorporando sucesivamente como Castroviejo, Alvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreio e Alfonso Vázquez.

A idea inicial era facer unha festa que dese a coñecer e axudase a vender os estupendos viños que estas terras producían, así como comercializar outra materia prima excelente coa que contaba Arbo:  “A Lamprea”.

O 16 de abril de 1961, visitantes  de todas partes e convidados foron recibidos ás portas da Casa Consistorial cos balcóns engalanados e aos acordes dos gaiteiros. Ás 15:00 horas, na planta principal do edificio, preto de trescentos comensais degustaron lamprea rechea con salsa Miño, lamprea guisada, viño albariño e tinto do país.

A Festa da Lamprea   procura en primeiro lugar rememorar e recoñecer o traballo feito en cada etapa por alcaldes, tenentes de alcalde, concelleiros e funcionarios das diferentes corporacións municipais; polos presidentes, secretarios e vocais dos Comités Activos e integrantes dos Comités de Honor, polas posteriores comisións de festas; polas cociñeiras e polos agricultores que colleitan o viño e os pescadores que traen o peixe; por hostaleiros, asociacións veciñais, culturais e deportivas; e por todos os demais implicados, con especial mención aos pioneiros, pensadores da idea e creadores do “Día da Lamprea”, que desde a edición inicial albiscaron na gastronomía un feito de relevancia socioeconómica, política e cultural. A súa estima merecen igualmente os medios de comunicación, de maneira fundamental a prensa escrita, que desde o primeiro día comentaron os feitos máis relevantes. Enviados especiais e xornalistas (Cesáreo Sáenz Uriondo, González-Martín, Martínez Salgado, Rodrigo Varela, Luz María Durán, José Rey, Amalia Gallego, Gabino Porto, Guillerme Rodríguez,…), fotógrafos (Tomás, Antonio Gabriel, Magar, Cameselle, Llanos, Carlos Rodríguez, Freire, A. Fernández,…) e prestixiosas firmas ( Álvaro Cunqueiro, J. María Castroviejo, Eliseo Alonso, Alfonso Vázquez,…) plasmaron nas páxinas de Faro de Vigo, El  Pueblo Gallego, La Voz de Galicia, A Peneira e outros medios, a crónica da festa e contribuíron a consolidar e estender a súa importancia e popularidade.

Na decada dos setenta, incorporouse o traballo de ambientación creativa e artistica  María Paz Alonoso e Anita Morales Reula, esposa e nai do por aquel entonces alcalde. A decoración dos salón das escolas donde se ofrecia o xantar,  con motivos da pesca miñota é unha das súas achegas máis notorias. María Paz pon en marcha coa axuda de María Puga, o Grupo de Coros e Danzas de Arbo, que integrado por mozos e mozas de Arbo, pasan a constituir un elemento máis da Festa.

Na actualidade, e sobre todo co favorable progreso socioeconómico das últimas décadas, na era da información que converteu o mundo nunha aldea global, milleiros de persoas renden tributo e dan vida á Festa da Lamprea  coa súa presenza nos restaurantes da vila e na Gran Tasca Popular situada no Arbomostra, lugar de conciliación do xantar tradicional e os renovados e prestixiosos albariños e condados das Adegas con Denominación de Orixe.

Unha singularidade importante é a declaración no ano 1965 da “Festa de Interese Turístico Nacional”, cando Manuel Fraga Iribarne desempeñaba o cargo de ministro de Información e Turismo.

Unha proba do carácter único da nosa Festa, témola nos miles de persoas que cada ano abarrotan Arbo na tempada de Lamprea. Xente que vén de toda Galicia, España e Portugal, case poderiamos dicir que en peregrinación gastronómica con destino na nosa vila, unha peregrinación do bo llantar para honrar a excelencia culinaria da nosa lamprea e os nosos viños.

O arraigo ven marcado coa  tradición da pesca da lamprea que conta xa con séculos de antigüidade e que é única na zona do Río Miño o seu paso por Arbo. Podémolo apreciar nas ‘pesqueiras’ que os romanos nos deixaron na beira do río. Estas construcións, de indubidable interese arquitectónico e etnográfico, as seguimos utilizando para a captura da lamprea, empregando unha técnica ancestral, artesanal, sostible e respetuosa co medio ambiente, tal e como facían os nosos devanceiros.

A gran diferenza é que para os antigos romanos este manxar estaba restrinxido a emperadores; e agora, esta delicia do Miño, podémola desfrutar todos.

Arraigo e tradición é a maneira de preparación da Lamprea en Arbo, recta que os cociñeiros e cociñeiras de Arbo, foron transmitindo de xeración en xeración e receita que se garda con esmero e que acadou que a Lamprea “estilo Arbo” sexa coñecida mundialmente.

Outro aspecto a destacar do valor cultural da Festa da Lampera,  son as actuacións musicais e folclóricas. A Festa da Lamprea  acuden en cada edición diversos grupos de gaitas, procedentes de toda Galicia, que animan a Festa interpretando repertorio de temas populares galegos. Grupos como Treixadura, A Roda, Ana Kiro, Amancio Prada, Mercedes Peón, PelePau, Banda de Gaitas  Xarabal, Banda de Gaitas da Deputación Provincial de Pontevedra, Anxo Lorenzo, O Son das Tabernas, Milladoiro, Andrea Pousa e o Bruxo Queiman Ardentia ……. Nos ofrecen a súa musica e nos resumen a historia antiquisa das costumes gallega, sexan gastronomicas ou de outro tipo e qeu realzan o sentido da colectividade propio de cultural ascentrales, participando e compartindo con todos .

Entre estes grupos folcloricos, queremos destacar os dous grupos das Asociación Arbenses, A.C Barca de Loimil e A.C Vella Barca, que dende primeira hora da maña recorren as rúas e amenizan cada Rincon da Festa.

A eles se suman a actuación da Banda de Múscia de Arbo, que naceu no ano  1890 e que foi nomeado coa distinción de Arbense Distinguido no ano 2019  pola importante labor desenvolvida no ámbito da cultura.

A Festa da Lamprea  é unha fórmula perfecta para propulsar o turismo e o interese sobe Arbo, o seu patrimonio, a súa cultura e tradicións. Unha fórmula onde ten moita presencia a poboación local xa que son parte activa da celebración: os bares e os restaurantes que nestes días aumentan considerablemente o número de comensais, e que ademais algúns deles participan ofrecendo Lamprea en Arbomostra

 Por outro lado, cómpre sinalar que a Festa da Lamprea  foi adaptandose  con vigor, decisión e sen complexos a nova era e gran parte do crecemento que experimentou esta festa nos últimos anos é grazas ao auxe do turismo enogastronómico. Un nicho de mercado que encaixa perfectamente coa filosofía de Arbo.

A Festa da Lamprea  cume da tempada lampreira,  celebrase o último fin de semana de abril e contribúe de maneira clara e directa á economía da vila, ás empresas, ás adegas, casas de turismo rural, hostalaria…. Unha fonte de ingresos para toda a poboación en xeral, xa que durante este período festivo Arbo recibe visitantes de toda a xeográfia galega e española e do país veciños Portugal.

A historia da Festa en Fotografías