ARBO CONVOCA UN ANO MÁIS O CONCURSO SOBRE A LXII FESTA DA LAMPREA PARA OS MAIS CATIV@S DO CONCELLO
- Poden participar os/as alumnos/as do CEIP Antonio Carpinteiro
- A tematica a LXII Festa da Lamprea
- Os/as gañadores/as do concurso recibiran premios en material escolar
- As propostas poderán presentarse ata o 17 de febreiro no CEIP Antonio Carpinteiro ou ata o 18 de febreiro nas dependencia municipais.
O Concello de Arbo convoca e abre o praza de inscrición dun concurso de carteis e redacción con motivo da celebración da LXII Festa dá Lamprea que será os días 22, 23 e 24 de abril de 2022
A Festa da Lamprea é a festa por excelencia do noso concello, declarada de interese túristico nacional no ano 2016 e que se adaptara na súa 62 edición a evolución do COVID-19
O certame do cartel está dirixido a todos os/as alumnos/as do C.E.I.P Antonio Carpinteiro, mentres que o de redacción está só enfocado aos alumnos de 3º a 6º de Primaria. O cartel e a redacción terán como tema central: Arbo, a LXII Festa dá Lamprea, gastronomía, paisaxe, patrimonio, o viño, a lamprea, os ríos Miño, Cea, Deva, etc.
O cartel poderá presentarse en calquera soporte e poderá estar deseñado con calquera material. A redacción terá unha extensión máxima de dous folios escritos por unha cara. Os premios deste certame consistirán en material didáctico e xogos, outorgándose para o concurso de carteis dous premios para cada un dos cursos de Educación infantil e dous premios para cada un dos cursos de primaria. Para o concurso de redacción entregaranse dous obsequios por cada un dos cursos de 3º a 6º de primaria.
As propostas poderán presentarse ata o 17 de febreiro no CEIP Antonio Carpinteiro ou ata o 18 de febreiro nas dependencia municipais.
Este concurso lévase realizando desde hai máis de 30 anos, creouse sendo concelleiro de Cultura o actual alcalde Horacio Gil, e segundo manifesta “é necesario e enriquecedor mantelo na actualidade xa que é capaz de achegar aos máis pequenos o patrimonio histórico, a gastronomía ou a paisaxe de Arbo… Facéndolles partícipes ademais de algo tan importante para o noso pobo como é a Festa da Lamprea, algo fundamental na vida de todos os arbenses e, por suposto, tamén de todos eles”.