O Concello de Arbo convoca o concurso de carteis con motivo da celebración da “XXX Festa da Lamprea Seca” que terá lugar os días 8, 9 e 10 de agosto do ano 2025.

Este concurso ten como obxectivo deseñar o cartel para a “XXX FESTA DA LAMPREA SECA”  promovendo así a festa gastronómica do Municipio.

Poderán participar no concurso todos os interesados no mesmo.

Tema: XXX FESTA DA LAMPREA SECA

Soporte: As propostas serán entregadas en calquera soporte que os participantes consideren axeitado  e en soporte electrónico á máxima resolución.

Poderán presentarse como máximo dous carteis por participante. Os traballos serán presentados nun sobre pechado e acompañadas dun sobre adicional tamén pechado  no que figurarán os datos persoais do participante, fotocopia do DNI e domicilio e teléfono ou medio de contacto. De ser dous os carteis, deberán achegarse en sobres distintos.

Nos carteis deberá incluírse de xeito correcto as letras e a edición da festa correspondente ao ano 2025 “XXX FESTA DA LAMPREA SECA 8, 9 e 10 de agosto do ano 2025”.

Material: Os materiais a empregar poderán ser lapis de cores, ceras, acuarelas, témperas, collage, etc.

 Establécense os seguintes premios:

1º Premio: 400,00 euros.

2º Premio: 300,00 euros.

anexo I

bases certame Brais Alonso castelan

bases certame Brais Alonso

Compartir