O Concello de Arbo, porá en marcha un servizo especial de autobuses gratuítos dentro da programación da Festa da Lamprea. Este servizo gratuíto terá expedicións desde o venres 28 ata o domingo 30 de madrugada, e realizará un percorrido circular para dar a mellor cobertura posible ás diferentes zonas e barrios do municipio .
O “LampreBus” tamén dará cobertura aos veciños e veciñas dos Concellos limítrofes de Crecente, Cañiza e As Neves
O “LampreBus” foi unha iniciativa creada no ano 2019 e que tivo moi boa acollida. O obxeito do Concello é mellorar e facilitar a mobilidade nos días da Festa, para os veciños e veciñas e os visitantes en xeral.