50.000€.-  DA AXENCIA TURISMO DE GALICIA,  PARA  A LXIII FESTA DA LAMPREA

O Concello de Arbo, acaba de asinar un convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia e ABANCA CORPORACIÓN BANCARIA S.A, para a financiación da LXIII Festa da Lamprea.

O 16 de xaneiro de 2023 foi declarada pola Secretaría de Estado de Turismo como Festa de Interese Turístico Internacional, polo que dacordo a normativa establecida a Festa da Lamprea correspondelle unha achega por importe de 50.000€.-

Pola Axencia de Turismo de Galicia o apoio deste evento considérase como un dos elementos esenciais para o desenvolvemento turístico de Galicia. A categoría e relevancia acadada por esta celebración fan que acade unha incidencia directa no que atinxe á divulgación da oferta turística galega vinculada aos seus extraordinarios recursos turísticos, impulsando así a mellora económica do sector.

Este ano Arbo celebrará a 63ª edición da Tradicional “Festa da Lamprea”. Terá lugar a última fin de semana do mes de abril, os días 28,29 e 30 de abril. Durante eses días celebración Arbo ofrecerá as súas singularidades en temas turísticos, gastronómicos e promocionar dentro do evento gastronómico o turismo activo, o turismo rural e os elementos culturais parellos aos evento gastronómicos.

Compartir