VISITA BASQUE CULINARY CENTER AO CONCELLO DE ARBO

 

En apenas dous meses, entre o 28 e o 30 de abril, celebrase a sesenta e tres  Festa da Lamprea, que este ano se estrea como Festa de Interese Turistico Internacional e  Arbo, segue recibindo visitantes atraídas polo misterio e encantos de este manxar que nos identifica “Lamprea” e os seus viños con D.O. Rías Baixas.

O Basque Culinary Center é unha Universidade pioneira a nivel mundial. Son membros do seu Padroado Mondragón Unibertsitatea, sete dos mellores chefs vascos, empresas líderes no sector de alimentación e bebidas e AZTI Tecnali e conta ademais, cun Consello Internacional coa implicación de once dos chefs máis influentes do mundo e ten como fin a formación superior, a investigación, innovación e promoción da gastronomía e a alimentación.

Por segunda vez visitarannos o alumnado do “Máster en Cociña: Técnica, Produto e Creatividade” . Este Máster, dirixido a cociñeiros con experiencia profesional, é a formación que lle permite dar un salto cualitativo na súa carreira profesional. Neste caso trátase dun grupo de 17 alumnos e 1 profesor.

O alumnado do Basque Culinary Center, visitio o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Museo Arabo”, as Pesqueiras e degusto a lamprea cociñada de distintas maneiras, acompañada dos viños das adegas de Arbo.

O alcalde de Arbo, sentese moi orgulloso da visita novamente dos alumnos e alumnas e agradece ao Consello Regulador por contribuír na difusión e o maior coñecemento de futuros e futuras cociñeiros e cociñeiras sobre este manxar que é a lamprea de Arbo «e que nos dá o sobrenome da Capital mundial da Lamprea, así como dos nosos viños con D.Ou rías Baixas, recoñecidos mundialmente»

 

Compartir