BAIXO O LEMA “UNHA CITA CUN SABOR CON HISTORIA, UNHA HISTORIA CON SABOR, ARBO PRESENTAMOS  A ‘LXIII FESTA DA LAMPREA’ EN FITUR

Un ano máis, FITUR será o escenario escollido polo Concello de Arbo para dar a coñecer as singularidades de recunchos tan especiais como o Concello de Arbo, en Pontevedra, que destaca pola súa paisaxe bañada polo Miño, a súa boa viticultura e que se situou no mapa grazas a un animal prehistórico que marca a súa gastronomía: a lamprea  e a Festa da lamprea que terá lugar os días 28, 29 e 30 de abril de 2023

 Presentaremos a LXIII Festa da Lamprea, na nova edición de FITUR 2023, que se celebrará en IFEMA Madrid a próxima semana, concretamente o xoves 19 de xaneiro ás 15:00 horas, no Stand de Galicia situado no Pabellón 9. Parcelas. 9C07/9C09.

 

Compartir