O alcalde de Arbo, Horacio Gil, participaba o pasado 28 de setembro no acto da firma da Acta de Recoñecemento da Liña de Fronteira no Río Miño a bordo do “Cabo Fradera”.
A cerimonia, realizada en pleno Río Miño a bordo do “Cabo Fradera”, asistiron membros da Armada Española e da Marinha Portuguesa, ademais de alcaldes e alcaldesas dos Concellos galegos e Cámaras Municipais fronteirizas de Portugal e acompañados da subdelegada do Goberno en Pontevedra.
Durante o acto os representantes dos municipios transofronteirizos asinaron de maneira conxunta as actas de recoñecemento, actualizando desa forma a demarcación fronteiriza do Tramo Internacional do Río Miño
Con este acto consolídase as estreitas relacións a todos os niveis existentes entre os concellos de Galicia e o Alto Minho portugués e dáse cumprimento ao recolleito no artigo XXV do Tratado de Lisboa de 1864, no que se definiu a fronteira entre España e Portugal.
Compartir