VOLVE A FESTA DA LAMPREA SECA CON GALARDÓN DE FESTA DE INTERESE TURISTICO

 

 

Os días 12, 13 e 14 de agosto Arbo volve converterse na Capital Mundial da Lamprea, produto que cativou ao longo da historia padais tan selectos como os de Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro ou Castro Vello.

 

O Consello de la Xunta celebrado o  21 de abril de 2022, aprobou declarar de interese turístico de Galicia a  Festa dá Lamprea Seca de Arbo, que recoñece a singularidade, o arraigo, a tradición e a repercusión que para Arbo ten a Lamprea. Con esta nova distinción recoñecese a vinculación tan importante que a Lamprea ten con Arbo, e que e o sinal de identidade, xunto cos nosos viños de este municipio.

Nun primeiro momento xurdiu como un acto máis da programación das festas patronais de Arbo, pero co paso do tempo a festa foi adquirindo entidade propia. A singularidade do evento hai que atopala, fundamentalmente, no mantemento da tradición do secado da  lamprea para a súa conservación todo o ano- informa o alcalde de Arbo Horacio Gil.

A Festa da Lamprea, tanto a celebrada en Abril con recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional, coma a Festa da Lamprea Seca, que ten lugar a primeira quincena de Agosto, eleva a degustación desta exclusiva exquisitez “A Lamprea” ao estatus de culto. Xa os emperadores romanos facían que lles levaran lampreas das nosas “pesqueiras” a Roma,  e durante os días de Festas  serán milleiros de persoas as que se acerquen a Arbo para cumprir coa súa peregrinaxe anual ao templo da lamprea

 

Durante estes tres días na Carballeira de Turbela,  pódense degustar nos postos habilitados a Lamprea Seca,  nas súas diferentes variedades, asada,  rebozada, rechea, con  fideos… acompañada dos mellores viños da D.Ou. Rías Baixas, mentres se goza das diversas actividades que propiciarán un ambiente festivo apto para todos os públicos.

 

Entre as actividades que teñen lugar durante a xornada destes tres días, esta a Festa da bicicleta, a Feira de artesanía e antigüidades, a Andaina Popular,  a actuación dos nosos reputados grupos folclóricos, charangas, concertos…..  e por suposto non pode faltar a visita obrigada ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, “Arabo”, situado fronte ao recinto, que permitirá, a locais e foráneos, coñecer mellor nosos principais signos de identificación.

O Concello de Arbo, esta xa preparando a programación para estes tres días, donde se poderá degustar a  lamprea e os viños das adegas con Denominación de Orixe Rías Baixas, e ao mesmo tempo gozarase  dunha ampla e variada programación deportiva e  cultural, anoten os días 12, 13 e 14 de agosto no calendario para visitar Arbo.

 

Ademais , a nosa oferta Turismo Rural, as nosas Adegas,  os Rios, as Montañas, a natureza, o noso clima que permite practicar diferentes actividades de turismo activo o longo de Arbo, contando Arbo con empresas especializadas en deportes de aventura como Kayak ou Rafting, cinco rutas de senderismo para disfrutar da tranquilidade e beleza do noso patrimonio e como non  a lamprea e o viño,  fan de Arbo unha referencia de turismo enogastronomico- rematada o rexedor Horacio Gil

 

 

Compartir