FESTA DA BICICLETA

 

O domingo 14 de agosto entre os actos que o Concello de Arbo co Gallo da Festa da Lamprea Seca, esta a tradicional Festa da Bicicleta.

A marcha arranca ás 10:30horas dende a Praza do Concello e remata na Carballeira de Turbela donde os participantes poderan participar noutras actividades lúdicas e culturais que terán lugar ao longo do día na Carballeira de Turbela, organizadas con motivo da Festa da Lamprea, degustar nos postos habilitados este manxar nas súas diferentes variedades, asada, rebozada, rechea, con fideos… acompañada dos mellores viños da D.O. Rías Baixas, a Feira de artesanía e antigüidades, a actuación grupos folclóricos, charangas, inchables gratis para os máis cativos, zona de picnic con mesas e sombra… e por suposto, non pode faltar a visita obrigada ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, “Arabo”, situado fronte ao recinto, que permitirá, a locais e foráneos, coñecer mellor nosos principais signos de identificación.

Os interesados en participar deberán realizar as inscricións nas oficinas municipais do Concello de Arbo ou a través do correo electrónico.

Os menores deberán ir acompañados de un adulto e é obrigatorio o uso de casco.

Compartir