A formación, que celebru  o seu 25 aniversario no ano 2019 e que ún clásico na Festa da Lamprea, fundouse en 1991, despois de case 50 anos desaparecida, por iniciativa do entón alcalde, Manuel Rivera, coa colaboración dos mestres Ignacio, Manuel González (Lito), Joaquín e Antonio. É no ano 1993, coa chegada de Víctor Fernández  Nogueiras e Jesús Iglesias, cando a escola da Banda de Música de Arbo toma o impulso necesario para, en abril de 1994, facer a súa presentación oficial na  Festa dá Lamprea.

 

A partir de aí, os éxitos sucédense e, en 1999, consegue dar a sorpresa en Valencia ao lograr o Primeiro Premio e Mención de Honra (3ª categoría) no Certame Internacional desta localidade, sendo a primeira banda de fóra da Comunidade Valenciana en conseguir este afamado galardón.

Compartir