- Este evento pasou.
XIII CERTAME DE CARTEIS “BRAIS ALONSO”
O Concello de Arbo anuncia a convocatoria do XIII Certame de Carteis “Brais Alonso”, co obxectivo de seleccionar a imaxe oficial da XXXI Festa da Lamprea Seca, que se celebrará os días 7, 8 e 9 de agosto de 2026.
Este certame ten como finalidade promover e dar visibilidade a unha das festas gastronómicas máis emblemáticas do municipio, recoñecida por converter a Arbo na Capital Mundial da Lamprea durante a primeira quincena de agosto.
O concurso está aberto a todas as persoas interesadas, que poderán presentar ata un máximo de dous carteis por participante. As obras deberán entregarse tanto en soporte físico (papel, tea, cartolina ou outros materiais) en tamaño mínimo A3, como en formato dixital a máxima resolución, sendo imprescindible a entrega deste último en pen drive para non quedar excluído.
20260114_Outros_1.- bases certame Brais Alonso
20260114_Outros_2.- bases certame Brais Alonso castelan