– Entre as actividades organizadas polo GDR Condado Paradanta, estivo a visita ao Museo Arabo el día 13 de Outubro
Con motivo da Xornada Europea de Patrimonio Termal organizada pola Asociación Europea de Cidades Termais Históricas e o Gdr Condado Paradanta e dentro da programación deseñada polo GDR Condado-Paradanta estivo a visita ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”, así o pasado venres día 13 contamos coa presenza dos participantes nesta sexta xornada termal que gozaron da historia, tradición, enogasteonomia e cultura milenaria de Arbo a través dos vídeos e paneis informativos do noso Museo.
Entre a Lamprea, apreciado peixe ancestral que idéntica a Arbo e os nosos viños de Rias Baixas, que cada vez son máis demandados polo público en xeral, xa que se están facendo grandes e deliciosas etiquetas, podemos dicir que temos unha gran sorte coa gastronomía e os produtos da nosa zona- informaba o alcalde Horacio Gil aos participantes na xornada
Facer turismo en Arbo, fará que quen veña a vernos sentan como na casa, porque Arbo é como unha gran familia, onde ao que chega, sexa a unha mesa dun restaurante, ou a un dos nosos aloxamentos, trátaselle como uno máis, con proximidade, agarimo e hospitalidade.
A gran promoción turística que desde o Concello se esta realizando nos últimos anos, fai posible, que cada ano máis visitantes escollan Arbo para pasar as súas vacacións.