Todo comezou no ano 1991 cando, por iniciativa do alcalde D. Manuel Rivera, iniciase o proxecto de restauración da banda de música de Arbo coa axuda dos Mestres Ignacio, Manuel González (Lito), Joaquín e Antonio.

Pero será no ano 1993 coa chegada de Victor Fernández Nogueiras e Jesús Iglesias cando a escola da banda de música de Arbo colla o impulso necesario para, así no ano seguinte (abril do 1994) faga a súa presentación na festa da lamprea, apadriñadapola Unión musical de Valladares e baixo a dirección de D. Victor Fernández Nogueiras.

Da man de Víctor Fernández, pronto chegarían os éxitos xa que no ano 1999 con tan so 5 anos de existencia, a banda de música de ARBO consegue dar a sorpresa en Valencia acadando o primer premio e mención de honra na 3ª Categoría, convertíndose na primeira banda, fora da comunidade valenciana, que consegue este galardón.

 

      

Compartir