GAÑADORES CONCURSO DE CARTEIS LXIII FESTA DA LAMPREA

Reunidos o día 18 de xaneiro de 2023, ás 12:00 h.,  os membros do xurado que a seguido se relacionan designados por Resolución da Alcaldía  nº 8/2023 de data 09.01.2023:

-Marta Vieitez Rodríguez, xerente da Cafetería A Ponte, e Jose Domingo Garrido Pérez, en representación de Pazo Almuíña,  ambos en representación do ámbito hostaleiro.

-Alicia Rodríguez Márquez, en representación da Adega Marqués de Vizhoja, en representación do ámbito vitivinícola.

-Teodoro de Francisco Antes, Arquitecto Municipal do Concello de Arbo.

-Andrés Cayetano Fernández, Presidente da “Asociación Cultural   Banda de Música de Arbo”, que se incorpora xa iniciada á reunión e durante a apertura dos carteis presentados.

-María Saladina Alonso Fernández.

-Francisco Baena González.

Secretaria: Patricia Hernández Estévez, Secretaria do Concello de Arbo, que terá voz pero non voto.

1º Posto: César Núñez Álvarez, de Astorga-León,  correspondéndolle o 1º Premio fixado nas bases polo cartel presentado  con R.E. núm. 45 de 11.01.2023- (selado na oficina de correos o 05.01.2023): Lema: “De la fuente a los fogones” .

2º Posto: Isabel Núñez Montero, de Parroquia de Salcedo -Pontevedra,  que presenta dúas propostas de cartel,  correspondéndolle o 2º Premio fixado nas bases polo cartel presentado  con  R.E. núm. 39 de 11.01.2023 (selado na oficina de correos o 09.01.2023): Lema: “O bo nunca cambia”.

3º Posto: Valeria Catherine Díaz Tirado, de Gondomar,  correspondéndolle o 3º Premio fixado nas bases polo cartel presentado  con R.E. núm. 16 de 08.01.2023 (selado na oficina de correos o 08.01.2023).

Compartir