A FESTA DA LAMPREA DE ARBO ASPIRA A SER FESTA DE INTERESE TURISTICO INTERNACIONAL

A lamprea  en Arbo é toda unha tradición. Preparámola desde hai séculos e a que se captura a esta altura do Miño ten unha textura, unha cor e un sabor diferentes. De potente sabor, a lamprea é un manxar que non deixa indiferente a ninguén. Non existe constancia doutro pobo no mundo que teña unha tradición tan antiga e arraigada ao redor deste “peixe” ciclóstomo prehistórico e misterioso. Delicia gastronómica para moitos padais, que en Arbo elevamos a unha cota de goce sublime grazas ás nosas receitas ancestrais.

Desde fai sesenta e dous anos o concello de Arbo homenaxea este prezado manxar coa celebración da Festa  da Lamprea, a cal ten unha cita cada ano o  último domingo de abril. Son moitas as festas que se celebran por toda Galicia, a Festa da Lamprea é a Festa culinaria máis antiga alcanzando gran popularidade ao longo dos anos ata converterse en 2005 en “Festa de Interese Turístico de Galicia” e en 2016 en “Festa de Interese Turístico Nacional” que recoñece a antigüidade, continuidade no tempo, o arraigamento e a participación cidadá, así como a orixinalidade e diversidade dos actos e as accións de promoción realizadas para o efecto.

O alcalde, Horacio Gil, explicou que se envio á Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Sustentabilidade Turística da Secretaría de Estado de Turismo do Goberno de España o expediente e documentación xustificativa da Festa da Lamprea  para conseguir  a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional

A solicitude conta co apoio e aprobación do pleno da Corporación  así como da Axencia de Turismo de Galicia  e aprobar a solicitude da Festa de Interes Turistico Internacional. Grazas a este traballo desenvolto o expediente cumpre cos requisitos establecidos en Orde ICT/851/2019, do 25 de xullo, pola que se regula a declaración de festas de interese turístico nacional e internacional.  O arraigamento, a historia, o valor cultural e tradición da Festa da Lamprea pode seguirse a través da páxina web da Festa da Lamprea https://festadalamprea.gal/ creada polo Concello de Arbo no ano 2020.

La Fiesta de la Lamprea es una fórmula perfecta para impulsar el turismo y el interés por Arbo, su patrimonio, cultura y tradiciones. Una fórmula donde la población local tiene mucha presencia ya que es parte activa de la celebración. Una forma de hacer turismo que hará que quienes vengan a vernos se sientan como en casa, porque Arbo es como una gran familia, donde quien llega, ya sea a una mesa en un restaurante o en uno de nuestros alojamientos, es tratado como uno más, con cercanía, cariño y hospitalidad.

En palabras do profesor e historiador Manuel Xiraldez: Arbo, “A Vila da Lamprea”, con este lema de benvida no panel informativo da entrada á localidade empézase a recibir visitantes nos anos sesenta, e esta referencia do Petromizoico en capital esta fixado para sempre. En 1961, coa celebración do primeiro “Día da Lamprea”, o pobo de Arbo acaba de atopar un lugar no mundo, adquirindo para a posteridade este produto de Miño, tan excedente na época, apelido que fai referencia a un punto de orixe: “a lamprea de Arbo”. Ao longo de case medio século de vida, cando se celebraron as vodas de ouro en 2010, a festa anual do animal de Sete Buracos ou Peixe dos Nove Ollos é o principal aceno de identidade que sitúa ao vello Arbo en Galicia, España, Europa e o Mundo. Na revista da Asociación de Restaurantes Galegos en Europa (Lareira, nº 1. Madrid 1989) defínese Arbo como o “centro de gravidade do universo da lamprea” e nos mesmos anos un reclamo turístico sitúa neste punto xeográfico “A Meca da Lamprea”.

O rexedor arbense insistiu que a Festa da Lamprea “é a manifestación e o VALOR dun Pobo. Un pobo orgulloso das súas tradicións, da súa paisaxe, do seu patrimonio, da súa historia, da súa enogastronomía e da súa Festa Maior. Un pobo onde a súa xente hospitalaria e os seus visitantes apostan polo desenvolvemento e mellora da calidade de vida deste municipio”.

A Festa da Lamprea é o noso ORGULLO nela envorcamos todo o noso traballo, esforzo e agarimo- manifestou o Alcalde, Horacio Gil- “esta festa serve para render homenaxe a todas as persoas que ao longo da historia deron a coñecer a nosa localidade: precursores da Festa, alcaldes, corporacións, pescadores, cociñeiros, asociacións e veciños. A Festa é unha gran cita, A nosa CITA, A nosa FESTA, que pretendemos converter en FESTA DE INTERESE TURÍSTICO INTERNACIONAL”.

Compartir