ARBO, PRESENTOU HOXE A FESTA DA LAMPREA EN XANTAR
- Xantar acolleu esta maña unha presentación e degustación deste peixe ancestral e da nova colleita das Rías Baixas para abrir boca a unha Festa de Interese Turístico Nacional que se celebrará en Arbo do 28 ao 30 de abril de 2023.
- O acto estivo presidido polo alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, acompañado, polo Director de Xantar- Expourense, o Director Xeral de Pesca da Xunta de Galicia, o Vicepresidente da Deputación de Ourense, o Secretario da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados (ANFACO), o Presidente da Asociación de empresario de Colombia, a Presidenta da Asociación EFA A Cancela, a alcaldesa de Viveiro, alcade de Arnoia, alcaldes de Concellos de Ciudad Real, representantes do GDR Condado Paradanta e distintos medios de comunicación
Compartir