ARBO PRESENTA A FESTA DA LAMPREA EN XANTAR 2022 – OURENSE
- O Vindeiro 11 de novembro ás 13:45 horas no Espazo adicado as Festas Gastronomicas presentase a Festa da Lampea de Arbo
- Durante o acto os asistentes poderán degustar lamprea e viño de Arbo
o Concello pon en marcha a campaña, que durará ata a Festa da Lamprea para promoción e impulsar a Temporada da Lamprea, os viños das adegas de Arbo e o sector da restauración e hostalaría
O Concello de Arbo, desprega toda a súa fortaleza en medios de comunicación, redes e exposicions, para ser o destino de referencia para o ano 2023 e como tal o vindeiro venres,11 de novembro de 2022, o Concello de Arbo e o GDR Condado Paradanta presentarán a Festa da Lamprea, no Espazo adicado as Festas Gastronómicas ás 13:45 horas na Feira Gastronómica “Xantar” na cidade de Ourense.
A partires das 13:45 horas e ata ás 14:45 horas o Concello de Arbo ofrecerá aos visitantes degustación de lamprea e viño de Arbo, mentras promociona a nosa Festa por excelencia, que no ano 2023 cumprira a súa 63 edición e esta prevista para os días 28, 29 e 30 de abril
Horación Gil, alcalde de Arbo, manifesta “Boa comida, bebida e baile… parece unha das tantas e divertidas festas das que se celebran na nosa comunidade. Pero sabemos que é moito máis. Arbo leva xa 62 edicións desta Festa e son, sen dúbida, as 62 primeiras de centos máis, xa que a lamprea forma parte da vida arbense desde fai séculos, como mostra, a presenza destacada deste peixe no noso escudo e a nosa bandeira.”
Xantar é a Feira Internacional de Turismo Gastronómico de Galicia que ten lugar en Ourense, e ata alí desprazarase o Concello de Arbo, co Xeodestino Terras do Condado-Paradanta, para promocionar a Festa da Lamprea, Arbomostra, o Municipio e a enogastronomía de Arbo (Lamprea e Viño)
Dende o Concello de Arbo, animamos a todos e a todas, a acercarse ao Stand adicado a Festas Gastronómicas o vindeiro 11 de novembro entre ás 13:45 e ás 14:45 horas para degustar a Lamprea de Arbo e coñecer un pouco máis a Festa da Lamprea.
Arbo é a Capital Mundial da Lamprea e dende hai 62 anos, que no ano 2023 serán 63, celebramos a Festa da Lamprea, Festa de Interese Turístico Nacional que é a Festa Gastronómica máis antiga de Galicia e aspira ao recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional.
A promoción da Lampea e Arbo como destino é unha das líneas básicas de actuación que o concello ven desenvolvendo en materia turística, e máis necesaria agora que nunca para contrarrestar os efectos da pandemia no sector.
A lamprea e o sinal de identidade de identidade máis querida e por esta razón adicámoslle todos os nosos esforzos para consolidar a Festa da Lamprea como a primeira festa gastronómica de Galicia, a única do mundo na que se pode degustar este manxar posto en valor polas sabias mans dos cociñeiros e cociñeiras de Arbo que con tanta maestría interpretan nas súas diferentes variedades, rechea, seca, afumada, rebozada, asada, guisada con fideos e tirabeques, en empanada… e ata dun xeito propio, a raíña dos nosos fogóns, a recoñecida lamprea ‘á arbense’.