No ano 2010, conmemorase o cincuenta aniversario da Festa da Lamprea con actos relevantes e con recoñecemento pola historia percorrida dende o 1961 -2010.

A Festa da Lamprea tivo o seu escudo-logo conmemorativo e o libro-homenaxe á Festa da Lamprea (50 ANIVERSARIO.1961-2010)

O Sábado tiña lugar o descubrimento dunha placa do 50 Aniversario da Festa da Lamprea no Paseo Fluvial do Miño, co texto “L Festa da Lamprea. Arbo “Vila da Lamprea” homenaxe ó pai Miño e ó seu peixe milenario, que tanta fama lle deu polo mundo enteiro”

No Xantar Oficial lembraronse os alcalde no cargo desde o ano 1961, Luis Cubelas, Iganacio Vieitez, Pedros Casado, Jorge Freijanes e Hermenegildo Rivero, todos eles iimpulsores da Festa da Lamprea, entregandoselle unha lampreiña de Plata aos aínda vivos ou os seus familiares presentes. Tamén foron invitados os pregoeiros das edicións anteriores e durante a comida, recibiron o escudo de ouro do Concello de Arbo o Presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijoo e o Presidente da Deputación, Rafael Louzan. Os concelleiros nese ano de aniversario  recibirón a medulla do 50 aniversario.

O 13 de abril tiña lugar no Pazo de los Escudos en Vigo a Prsentación da L Festa da Lamprea e unha exposición retrospectiva de carteis e fotografía que lembra algunhas épocas anteriores a Festa,  era inaugurada por Nava Castro.

Compartir