A lamprea seca de Arbo estreouse como festa de interese turístico

A Carballeira de  Turbela deu a benvida a centos de persoas durante os tres días de celebración.
Asada, rebozada, rechea, con fideos e algunhas outras variedades foron as formas nas que se venderon as racións de lamprea seca na festa celebrada os días 12, 13 e 14 de agosto.

A cita, que este ano cumpriu a súa vixésimo sétima edición, xa lucía a categoría de festa de interese turístico, concedida pola Xunta de Galicia tras cumprir os requisitos esixidos.

Compartir