o Pleno da Corporación Municipal en sesión extraordinaria e

presencial celebrada o día 29 de xullo de 2022, por unanimidade, con sete (7) votos a favor dos membros da Corporación asistentes, seis (6) votos do Sr. Alcalde e dos/as cinco (5) concelleiros/as do grupo municipal do PP, e un (1) voto do concelleiro do grupo municipal de AGRELAR, D. Luís Enrique Rodríguez Martínez, adoptou, entre outros, o seguinte ACORDO:

“3. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA PROPOSTA DE ALCALDÍA DE DATA 15.07.2022 SOBRE “DECLARACIÓN DE ARBENSE DISTINGUIDO DE D. JOSÉ JUAN DOMÍNGUEZ POLA LABOR DESENVOLVIDA COMO EMBAIXADOR DE ARBO AO LONGO DA SÚA LONGA CARREIRA AERONÁUTICA”.

Polo Sr. Alcalde procédese a dar lectura á proposta de Alcaldía asinada dixitalmente en data 15.07.2022, do seguinte teor literal:

JOSÉ JUAN DOMÍNGUEZ foi un excelente embaixador de ARBO ao longo da súa longa carreira aeronáutica de preto de 39 anos, tras máis de 21.000 horas de voo e voar ao redor de 20 aeronaves de diferentes modelos e tecnoloxía.

De orixe moi humilde, e orfo de pai a moi curta idade, a pesar das dificultades, conseguiu estudar a base de moito esforzo e bolsas, ata ingresar como oficial na Academia Xeral do Aire en San Javier, Murcia, en 1958.

Coincidiu con  SM o Rey D. Juan Carlos I ese primeiro ano na citada Academia, e posteriormente tivo ocasión de ser un dos seus pilotos, por ser destinado á Unidade de Transporte de Autoridades (401  Escuadrón e posterior Grupo 45), e por tanto, ter a posibilidade de coincidir en moitos das viaxes que realizou o Rei emérito e a Familia Real.

Saíu da Academia en xullo de 1962, e tras realizar o Curso Básico de Pilotos en Salamanca para especializarse en avións de transporte, foi destinado á Base de Rota ata o ano 1965, para posteriormente incorporarse á Base Aérea de Xetafe ata outono de 1966, onde definitivamente foi destinado á Unidade de Comprobación e Calibración de Axudas á Navegación ( UCCAN), que tamén realizaba transporte de autoridades, e onde estivo preto de 12 anos nos empregos de capitán e comandante, ata verán de 1978.

Nese período tivo a oportunidade de voar por todo o mundo, trasladando nesas viaxes moitas de autoridades españolas dese período tan complicado para España asociado á transición e inicio da democracia. Coñeceu a múltiples personalidades como Luís  Carrero Blanco, Torcuato Fernández-Miranda, Carlos Arias Navarro, Fernando de Santiago e Díaz de  Mendivil, Adolfo Suárez González, etc, así como case a todos os ministros e membros da Casa Real, nos que se tiña oportunidade, identificábase como español, galego e natural de Arbo, lembrándolles a importancia da pequena localidade pontevedresa por ser a “Vila dá  lamprea”, berce do bo viño de albariño e condado, e exemplo de magnífica contorna natural para visitar.

Tamén D.  JJ Domínguez tivo a oportunidade de trasladar a Madrid desde Portugal ao Conde de Barcelona, D. Juan de Borbón, nun momento moi importante para a Historia de España, concretamente a renuncia dos seus dereitos  dinásticos en favor do seu fillo Juan Carlos, o 14 de maio de 1977.

Durante o tempo que estivo no Exército, preto de 21 anos, tamén tivo a ocasión de deixar constancia da existencia de Arbo e importancia desta localidade, deixando reflectido para sempre nas cartas aeronáuticas mundiais o nome dita poboación pontevedresa, ao ser  JJ  Dominguez o que implementou en dita cartografa o punto de notificación obrigatoria para aeronaves “ NARBO”, xa que se debía establecerse un punto de paso nas inmediacións de ARBO. A razón de  NARBO en lugar de ARBO, é un simplemente polo feito que se tivo que engadir unha “ N”, ao necesitar por regulamentación  aeronautica que este tipo de puntos teñan cinco letras. Hoxe en día todas as aeronaves que transitan desde España a Portugal pola  aerovía (estrada aérea) UN-726/ R-72 deben sobrevoar ARBO e notificar na vertical no seu paso do  FIR/ UIR Madrid a Lisboa, e aínda que as alturas de voo ao que o fan son moi altas (por encima de 3000 metros), é posible comprobar moitos días claros o sobrevoo de todo tipo de aeronaves

En 1978 pasa á reserva voluntariamente no Exercito do Aire, tras alcanzar o emprego de Comandante, comezando a súa andaina como piloto de Liñas Aéreas  que se estendería durante 17 anos, voando desde Palma de Mallorca, nas Compañías “ SPANTAX”, “OASIS” e finalmente “SPANAIR”, ata a súa xubilación aos 60 anos en abril de 1997. Unha carreira  aeronautica que contabilizou un total de 21.000 horas de voo, é dicir, preto de 3 anos completos “no aire, e pilotado uns 20 tipos de aeronaves diferentes, sendo un excelente profesional durante toda a súa carreira.

Galego  de pura raza, amante da cultura galega e os seus simbolismos, así como namorado da terra que lle viu nacer hai 85 anos, Arbo, e onde a súa familia viviu durante moitas xeracións. Na súa árbore xenealóxica polo menos identifícanse  tatarabuelos da comarca como María Ana Suárez de Puga, Francisco Manuel Santos Coello, José Domínguez  Freijanes e Alicia González, nacidos sobre 1820. A súa casa familiar de San Benito foi construída en 1888, o que demostra que a familia de  JJ Domínguez estivo moi arraigada a Arbo desde sempre.

Por todo o exposto, en uso das facultades que me outorga a Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, PROPOÑO AO PLENARIO A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO:

 

PRIMEIRO: Proceder o recoñecemento polo Pleno Municipal da importante labor desenvolvida  por JOSÉ JUAN DOMÍNGUEZ  un excelente embaixador de ARBO ao longo da súa longa carreira aeronáutica de preto de 39 anos, tras máis de 21.000 horas de voo e voar ao redor de 20 aeronaves de diferentes modelos  e tecnoloxía e por deixar reflectido para sempre nas cartas aeronáuticas mundiais o nome de ARBO procedendo a atribuírlles a distinción de “Arbense Distinguido”

SEGUNDO:  Proceder en virtude de dito recoñecemento á entrega en acto público dun obsequio representativo deste Concello, en agradecemento por deixar reflectido para sempre nas cartas aeronáuticas mundiais o nome de ARBO  e ser un excelente embaixador da nosa Vila.

 

Compartir

Os comentarios están pechados.