D¨VACAS EN CONCERTO O SÁBADO  13 DE AGOSTO ÁS 22:30 HORAS NA CARBALLEIRA DE TURBELA

Despois do seu primeiro “Tour vacanal”, presentado no 2016, veñen de xirar por teatros e prazas co seu último espectáculo, o “Tour vacanal 2019”. Unha cerimonia, un casamento oficial co público para o que renovaron coroas, alpacas, vestidos e repertorio.
Unidos aos grandes xites como o Amodiño ou o Noite e Día, aparecen temas novos que dan resposta tamén a novas inquedanzas musicais, tal é o caso de El anillo pa’cuando? ou Rexurdimente, dos que tamén fixeron videoclips, outro dos seus fortes, acadando miles de visualizacións en internet.

 

Harmonías cálidas e guitarra colorida, unidas ao son do matraquillo cando é preciso, luces e coidada posta en escena. Seguen amosando a súa querencia polas autoras galegas como Marta Sánchez, Rosalía de Castro ou Enrique Igrexas, e profundizan nas temáticas de corte social como é o caso da canción Esmegma ou a composición propia Tetas ao ar María del Mar. As grandes referencias da adolescencia latexan ao fondo, consideran que son unha fonte inesgotable de creación que queren seguir explorando.

Compartir