ARBO CELEBRA UN ANO MÁIS A GALA DA LAMPREA NA PRAZA CONSISTORIO

 

Durante o acto, o Concello de Arbo fará entrega dos premios dos concursos da LX Festa da Lamprea e do Certame “Brais Alonso”, e aos alumnos do CEIP Antonio Carpinteiro gañadores do Concurso de redacción e debuxo da LX Festa da Lamprea, gañadores do concurso de Fotográfia, un recoñecemento a Asociación mulleres Rurais Arbenses polos seus 20 anos 20 anos de servizo a favor das veciñas de Arbo con actividades de lecer, formativas e colaboración con este Concello.

Na categoria do deporte se fará entrega de galardóns a a Alfonso Caberias Fernández, pola súa importante labor a favor do deporte, acadando o segundo posto na categoría senior na modalidade paracanoe. A Pedro Rodríguez Cerdeira, pola súa importante labor a favor do deporte, proclamado  campión de liga de motos de campo de Galicia na Categoría Senior 2t no ano 2021. As patinadoras Iria Groba, María de Sa, Carmen de Sa e Candela Gil pola súa  brillantez no mundo da patinaxe e os grandes logros conseguidos neste deporte.

Seguindo co deporte no ámbito do fútbol se recoñecerá ao ao equipo de Alevín e os Biberóns do Arbo, C.F pola súa importante labor a favor do deporte e polo  logros acadados durante a liga na temporada 2021/2022 e para rematar nesta disciplina un recoñecemento aos Veteranos Esmorga-Arborock polo seu ascenso a primeira.

 

E o galardón máis importante que outorga o Concello de Arbo, o de “Arbense Distinguido” este ano recae sobre, JOSÉ JUAN DOMÍNGUEZ  “Arbense Distinguido 2022” por ser  un excelente embaixador de ARBO ao longo da súa longa carreira aeronáutica e por deixar reflectido para sempre nas cartas aeronáuticas mundiais o nome de ARBO e o ARBO C.F “Arbense Distinguido 2022” pola  importante labor desenvolvida  no ámbito do deporte nos 50 anos transcorridos desde a súa fundación no ano 1972. A todos e todas as que aportaron tempo, esforzo e ilusión en ir construíndo ao longo destes anos unha parcela máis da historia do noso pobo, unha herdanza afectiva e familiar de avós a netos e, paralelamente, contribuíndo a crear un anaquiño da historia social do deporte e  do fútbol modesto e comarcal galego

Compartir