GALA DA LAMPREA
O Venres, día 12 apartires das 20:30 horas na Praza Consistorio, terá lugar a Gala da Lamprea, coa actuación de MANOELE DE FELISA.
Manoele de Felisa, natural de Cuntis. El, que segue, con personalidade, o curso de Amancio Prada ou Batallán ten oficio e arte; conta, sen dúbida, con moito camiño por diante, como autor con obra e como intérprete de temas alleos que el fai seus, moi seus. Honra ás nosas Letras desde o mundo da Música, con todo o que iso supón, de sumar emoción a outras emocións, facéndoas propias e buscando o modo de compartilas cos demais, un público que se merece, porque o fai ben, moi ben…