ARBO, CRECENTE, MELGAÇO, A CAÑIZA E AS NEVES ASINARAN O PROTOCOLO DE COOPERACIÓN PARA CREAR A “EUROCIDADE DO MIÑO”.

Arbo, a 23 de abril de 2022

Considerando a proximidade xeográfica, as afinidades culturais, históricas e económicas existentes entre os Concellos de Arbo, Crecente, Melgaço, A Cañiza e As Neves asinan un protocolo de cooperación para Crear a “Eurocidade do Miño”

O Concello de Arbo, considera que a cooperación transfronteiriza é un dos medios máis eficaces con vista a proximación das poboacións fronteirizas, suprimindo as dificuldades que implican todas as fronteiras, a promoción do desenvolvemento económico, social e cultural destas rexións, e a promoción de amizade e paz, prosseguindo os principios de cidadania europea e dunha Europa máis coesa e sen fronteiras;

Coa creación da “Eurocidade do Miño”, estanse creando máis lazos, si cabe, de amizade e cooperación entre as poboacións destes concellos e as comprobadas ganas das partes en colaboraren para o benestar dos seus cidadáns;

 

Compartir