ALFONSO RUEDA ASISTE Á FESTA DA LAMPREA DE ARBO, CONSOLIDADA NAS SÚAS 62 EDICIÓNS COMO UN IMPORTANTE RECLAMO TURÍSTICO PARA GALICIA

A celebración está considerada Festa de Interese Turístico Nacional desde 2016 e contribúe a potenciar o turismo gastronómico na comunidade

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe á  LXII Festa da Lamprea de Arbo, onde destacou o papel crave das festas gastronómicas para promocionar a calidade dos produtos galegos consolidar o turismo gastronómico. Tamén acudiron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e os delegados territoriais da Xunta en Pontevedra e Vigo, Luís López e Marta Fernández-Tapias, respectivamente.

Esta celebración ten a súa orixe a comezos da década dos 60 e está plenamente consolidada no calendario festivo de Galicia ao tratarse dun dos eventos gastronómicos máis lonxevos na comunidade. Ademais, desde 2016 conta coa declaración de Festa de Interese Turístico Nacional pola súa antigüidade, arraigamento e singularidade.

Alfonso Rueda participou na inauguración oficial do evento, onde destacou que a Festa da Lamprea convértese cada ano nun importante reclamo turístico e permite descubrir o resto de atractivos do municipio. Nesta liña, a Xunta aposta polas celebracións gastronómicas tradicionais como esta que xeran experiencias turísticas únicas e personalizadas, mesmo vinculadas a outros ámbitos como a natureza ou o patrimonio, axudando a reforzar a oferta turística diferenciada de Galicia.

As festas de exaltación de produtos da nosa gastronomía axudan a poñer en valor o potencial da cociña galega e as nosas materias primas. A gastronomía tense  posicionar, xunto coa natureza, como un dos principais motivos polos que os turistas visitan Galicia.

Fai falta lembrar tamén que esta semana o Consello da Xunta acordou declarar Festa de Interese Turístico de Galicia a Festa da Lamprea Seca de Arbo, outra das festividades máis arraigadas no concello e outra cita imprescindible para dar a coñecer este produto. Xunto coa Festa da Lamprea neste mes de abril, na primeira quincena de agosto conmemorase na  Carballeira de  Turdela a Festa da Lamprea Seca, á que se lle recoñece a súa singularidade polo mantemento da tradición do secado deste peixe para a súa conservación todo o ano.

Compartir