Actuación da A.C Vella Barca durante os actos da LXII Festa da Lamprea, para dar a coñecer aos visitantes a riqueza cultural do municipio de Arbo.
A AsOciación Cultural “A Vella Barca” fundouse en Arbo en marzo de 2014. Foi creada por un grupo de amigos amantes do folklore galego promovidos pola necesidade de transmitir fielmente a música, os cantares e os bailes de toda a xeografía galega.
A través dos traballos de recolllida de campo por tódolos recunchos da nos aterra, tentando ser o máis fieis posibles, reproducimos os bailes típicos de cada zona debidamente ataviados coa vestimenta e a xoiaría da época e acompañados por fermosas melodías intentando manter as representacións dos nosos antergos.