No contexto Social da vila de Arbo, en xullo de 1989, fundouse da man dun grupo de mozos a A.C. Barca de Loimil. Toma o seu nome dun dos pasos fronteirizos, a través de barca, existente no Concello e que, daquela, constitúe todo un símbolo social e cultural do que é un pobo raiano.

E o antigo paso de Loimil entre Arbo e Portugal po-lo Miño po-lo cal recibe o nome esta asociación.

Todo comeza neste paso fronteirizo, facendo que a Barca de Loimil transporte a xente de Arbo ata Portugal e logo de Portugal a Arbo devolvéndoos a súa terra. Un paso fronteirizo esencial para a vida en aqueles anos e do que logo empregaríamos o seu nome para non esquecelo nunca.

A través da continuidade no seu traballo ata a actualidade, esta entidade procurou durante este período converterse nunha institución normalizada e consolidada que fose considerada polos veciños como un medio máis para axudar á mellora e ó benestar de Arbo e contribuír, así, ó seu progreso. Desta maneira os obxectivos últimos que a Asociación Cultural da Vila da Lamprea perseguiu ,na súa curta pero estable vida, e estender unha dinámica cultural no concello, inexistente a finais dos 80, recuperando e comezando moi diversas actividades de carácter popular.

Compartir