A feira celebra a súa 26 edición como pistoletazo de saída para a festa gastronómica da lamprea
Arbomostra, que chega á súa 26 edición e que conta con nova localización na Praza do Mercado, contará con caseta de artesanía, produtos da comarca, degustación da lamprea en distintos estilos e dos viños das nove adegas presentes, con Denominación de Orixe Rías Baixas, «ao mesmo tempo que maiores e pequenos gozan dunha ampla e variada programación lúdica e cultural», segundo explica o Concello de Arbo.
O acto de inauguración estivo presidido polo Director Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Silvestre José Balseiros Guinarte.