ARBOMOSTRA, VOLVE A ARBO, COMO REFENTE NA FESTA DA LAMPREA

LXII Festa da Lamprea

A última fin de semana de abril (22, 23 e 24 de abril), os hostaleiros, adegueiros e habitantes do  concello celebran un evento de gran calado que atrae a visitantes de todas partes e que ostenta o titulo de Festa de Interese Turístico Nacional. Trátase da ‘ Festa dá Lamprea’, que en este ano 2022 cumpre 62 anos. Nela e  despois de dous anos de  parón pola crise sanitaria, os restaurantes da zona fan gala da súa boa man cociñándoa por exemplo ‘á  arbense’, no seu propio sangue, que é unha das receitas máis soadas e consumidas.

 

Arbomostra

O alcalde do  Concello de Arbo, Horacio Gil, lembra que este ano, volve  ARBOMOSTRA “ Feira Agroindustrial e Artesanal  do Condado Paradanta”, que este ano cumpre 36 edicións.

Arbomostra, escenario central da Festa da Lamprea, que este ano  esta situada na Praza do Mercado, contará coa presenza de stand de artesanía, produtos  da comarca,  degustación de lamprea e dos viños das adegas con D.O Rias Baixas e ao mesmo tempo que maiores e pequenos gozan dunha ampla e variada programación cultural.

En  Arbomostra, durante os días 22, 23 e 24  Abril, os visitantes na carpa de ‘ Arbomostra’,  feira agroindustrial, poderán degustar durante estes tres días, a  lamprea ao estilo ‘ arbense’ e a  lamprea seca nas súas distintas formas de preparación acompañada polos viños das adegas de Arbo, que teñen a súa representación na Carpa.

Quizá sexan as  viñas, ou os  arbenses, ou os recunchos do Miño ao seu paso por esta localidade o que fai que a  lamprea volva unha e outra vez ás súas augas… pero está claro que quen practicamente duplicarán a poboación de Arbo (www.concellodearbo.es) nunhas semanas, farano pola  lamprea.  Para máis información sobre a festa e o  Concello a seguinte ligazón:  https://www.youtube.com/watch?v= grpsW7 lYpik& t=66s

 

Compartir