“A TODA COR”  E O CARTEL ANUNCIADOR DA LXII FESTA DA LAMPREA

A Festa da Lamprea cumpre este ano a súa edición número 62 e representa para Arbo unha das datas máis importantes do calendario.

O 2 de abril de 2016 a Festa da Lamprea foi declarada de Interese Turístico Nacional, pola súa singularidade, arraigo, tradición e continuidade no tempo. Con este recoñecemento a Festa da Lamprea, cume da temporada lampreeira, exemplifica e festexa o papel da gastronomía coma arte de transcendencia económica, social e cultural, mais tamén, como vértebra da vida colectiva.

As propostas chegadas  dende diversos lugares de España e  Galicia, foron valorados por un xurado integrado por profesionais da imaxe, da hostalaría, representantes de asociacións culturais de Arbo…. que valoraron a calidade técnica, a orixinalidade, a innovación do deseño e a facilidade de identificar e transmitir os sinais de identidade de Arbo.

Dende o Concello de Arbo, a pesar de que todavía non teñen definido como se van a  celebrar as festas, decidiu ao igual que o ano pasado manter este concurso como unha actividade máis que oferta para promover a Lamprea e a Festa da Lamprea, ademais o cartel gañador servirá para ilustrar as actividades que se realicen durante o ano con motivo da LXII Festa da Lamprea.

“Un concurso que cada ano vai acadando maior prestixo, no que se presentan deseños de toda a xeografía española, con moita calidade, forza e matices e que o xurado valorou  positivamente a calidade e cantidade dos traballos presentados” –  informa o alcalde, Horacio Gil, sobre un concurso que naceu da súa man durante os seus anos de Concelleiro de Cultura, así como o concurso de carteis e redacción para os  alumnos e alumnas do CEIP Antonio Carpintero.

No ano 2021 o primeiro premio do cartel anunciador da Festa da Lamprea recaia no artista navarro Maximiliano Cosatti, e sendo este ano 2022 o gañador César Núñez Álvarez da provincia de León, eleva o nivel de este concurso ao moi alto, polo recoñecemento de artistas tan destacados como os gañadores das dúas últimas edicións que son coñecidos a nivel nacional por concursar e gañar en outros concursos en España.

 

 

Compartir